EN GL ES

Sofía Yáñez Perteagudo é investigadora e artista galega, especializada en análise espacial e con base en Londres. Traballa con cartografía SIX, imaxes de satélite, fotogrametría e contornos 3D para examinar como os procesos extractivos e posindustriais transforman os territorios rurais, e como a tecnoloxía pode servir á memoria colectiva e á xustiza ambiental. O seu traballo adoita tomar a forma de plataformas web interactivas, filmes e obradoiros.

Ten un máster (MA) en Arquitectura polo Royal College of Art de Londres e traballou como investigadora en Forensic Architecture e con Cooking Sections.